7.3.10


8 DE MARZO
DIA DA MULLER TRABALLADORA
Seguiremos traballando para previr as situacións de desigualdade, defendendo a participación en igualdade de mulleres e homes na educación, no traballo, na vida, educando a todos e todas no respecto, na igualdade, na corresponsabilidade, na autonomía…, conseguiremos un futuro mellor e eliminaremos todas as formas de discriminación.
Hoxe, para celebrar este día, no instituto, ás 10.50 horas, terá lugar a entrega de premios e diplomas do concurso Un slogan para a igualdade, organizado pola área de Igualdade do Concello de Camariñas e dirixido aos alumnos e alumnas do 1º ciclo da ESO. Aos premiados entregaráselles unha camiseta co slogan gañador.
Para exemplo de igualdade tedes aquí o conto de "La Cenicienta", que fartou do príncipe e montou un negocio por conta propia. Vai por vós, chicas!

2 comentarios:

olga dijo...

Hai que seguilo contando. Mil e unha veces máis porque, despois de todo, aínda saen da escola e pasa o que pasa...

CLaRa dijo...

Bueno Emilio, pois tamen me leín este texto e o conto da Cenicienta.
Coma siempre deisoche o meu comentario, pero esta vez non te aforras tantos cartos :P