25.11.10

TARXETA VERMELLA!
Moitas, moitas tarxetas vermellas víronse hoxe no Insti. Moita xente quixo paralle os pés aos maltratadores. Sumámonos así á campaña "Saca tarjeta roja al maltratador", incorporando a nosa foto. Quen quixo, ademais, deixounos unhas frases contra o maltrato que expresan con bastante claridade o que toda a xente de ben desexa: que nos respetemos todos como persoas!
Desde a biblio queremos agradecervos a todas e todos a participación no acto. Gústanos moito cando a xente responde así ás iniciativas que propoñemos.

1 comentario:

Adrian Lado 2ºB dijo...

Todos contra a violencia de xénero!!
Despos decides que nunca comentamos pois aqui vos deixo o meu comentario :)