19.9.11

FELIZ CURSO !!
 Xa estamos aquí outra vez. Se ata parece que non houbo vacacións!!
O día da presentación sempre é un día un tanto especial: a ver con quen me toca, a ver quen é o meu titor/a, a ver como son os novos... Todo está "por estrear". Xúntanse as ilusións e uns gramos de "medo". 
Desde a Biblio queremos darvos a todos a benvida e desexarvos que as ilusións se cumpran e os medos se convirtan en desafíos a vencer. Desexamos que cando chegue fin de curso as caras sexan, cando menos, tan alegres coma as de hoxe.
BENVIDOS!

4 comentarios:

Auri dijo...

Este curso, como xa sabedes, non vou estar aí no centro, pero seguirei desde o blog da biblioteca todas as novas do instituto e ben seguro que de vez en cando lembrareime de vós.
Quero desexarvos un magnífico curso a todos e todas (alumnado e profesorado).
Aos alumnos e alumnas dicirvos que sodes os verdadeiros protagonistas, sen o voso esforzo non será posible rematar con éxito. Ánimo, estade seguros de que ides ser capaces de conseguir os éxitos que desexades.
Ata sempre!

Lucía dijo...

¿Emiliooooooooooo?! ¿Pero como me subes esa foto? Ai,ai,ai,ai.Porcierto, cada vez que abro o blog da biblioteca vaime todo lentísisisimo, para ver as fotos estaría oito ou 10 minutos.
Respecto ao comentario anterior : Gracias Auri, nos tamen nos acordaremos de ti, e ojalá o curso vaia tan ben como todos queremos (; Un bico.

Emilio dijo...

No meu ordenador vai rápido, señorita! Non terás o cable desconectado???

Lucía dijo...

O teu vai rápido porque vives na ciudad pero os demais, temos a conexión da aldea.. jajajajajaj (;