28.4.13

OS LIBROS ELECTRÓNICOS
Hai xa un tempiño que nos diferentes clubs de lectura do centro vimos experimentando cos lectores de libros electrónicos (non confundir coas tablets). Hai quen está encantado co seu uso, especialmente os adultos, curiosamente, e hai quen di que nunca escollerá esa forma de lectura. Ben, para gustos hai cores, aínda que eu penso que cada cousa hai que usala para o que é. Persoalmente non penso renunciar a ningún deles!
En calquera caso, agora que xa dispomos de algún máis, quedades todos/as invitad@s a probar este novo sistema. Igual que sucede cos libros impresos, podedes solicitar da biblioteca a compra neste formato dos títulos que vos interesen. Sabedes que se hai cartos dispoñibles é moi difícil que non fagamos caso das vosas suxestións. Para disfrutar dos "readers" aquí tedes unha pequena guía de uso. Animádevos a probalo!